18.1.07

Corte de tráfico na rúa San Paio

A partir do vindeiro 1 de febreiro a rúa San Paio terá o tráfico cortado e restrinxido durante 15 días entre o cruce coa Avenida de Europa nun extremo e a rúa Xuncal no outro. O corte de tráfico se producirá por mor das obras de renovación da rede de abastecemento, que no extremo da rúa San Paio máis próximo á Alcabre entrañan importante dificultade ao tránsito polo estreitamento do vial. Segundo fontes da Concellería de Vías e Obras intentarase que o tránsito do transporte urbano, das liñas L12A e L13 de Vitrasa se manteña polo vial en obras, pero coidan que é moi posible que se teña que suspender no tramo pola difucultade de compatibilizar o seu paso polas obras. Nese caso, non habería alternativa a paso das liñas de bus polo interior da parroquia e se ocasionaría un importante problema no transporte urbano.

No hay comentarios: