5.1.07

AV de Navia reclama melloras na Avda. Ricardo Mella

A Asociación de Veciños de Navia enviou onte unha carta á alcaldesa, Corina Porro, na que esixe que se realicen melloras na Avenida de Ricardo Mella, entre o enlace de Muiños e a Rúa Xuncal. A entidade veciñal alerta da carencia de beirarrúas e do mal estado de conservación das existentes, o que segundo o presidente da entidade, José Sánchez "supón un auténtico perigo para os viandante".Os veciños afirman que a responsabilidade de poñer fin a esta situación é do Concello, polo que lle insta a que adopte as medidas oportunas para que se solucione a situación que se prolonga dende hai moitos meses.

Por outra banda a Avenida de Ricardo Mella é o inicio da estrada a Baiona pola costa, vial de titularidade autonómica do que a Xunta de Galicia é responsable da súa conservación. Neste aspecto hai que destacar as obras de renovación do firme da estrada contratadas pola institución autonómica e que se executarán nos próximos meses.

No hay comentarios: