1.1.01

Normas do torneo 2007

  1. Duración: 25 minutos cada tempo cun tempo morto por equipo e parte.
  2. Cada equipo terá que dar o nome dos 3 xogadores que ten de fóra da parroquia e non poderá cambialos en todo o torneo.
  3. O porteiro pode saír da súa área.
  4. O saque do porteiro non poderá botar en campo contrario. Se así fose, sinalizarase falta no lugar do bote do balón.
  5. As faltas non son acumulables e son todas directas.
  6. As barreiras a 5 pasos.
  7. O saque de banda e corner realizaranse coa man.
  8. Todo xogador que cometa unha infracción grave non xogará en todo o torneo.
  9. Infraccións graves: agresión a un contrario, agresión ao árbitro, insultos ao árbitro, entradas sen posibilidade de xogar o balón.
  10. O equipo que non se presente a arbitrar quedará automaticamente eliminado da competición.