14.9.07

Vivenda desminte a Asociación Veciñal de Navia sobre o novo vial

Se recolle hoxe no diario Faro de Vigo que a Consellería de Vivenda e Solo aclarou onte que o novo vial de Navia está cedido ao Concello de Vigo e que foi a institución municipal a que decidiu a súa apertura ao tráfico. A súa reacción prodúcese tras a denuncia efectuada da Asociación Veciñal de Navia por medio dun comunicado. Esta entidade solicitaba a Vivenda o peche inmediato desa estrada por resultar perigosa para peóns e condutores, sobre todo escolares que deben cruzalo para ir ao Colexio Daniel Rodríguez Castelao. "Unha vez aceptada a cesión dos viarios 3G e 3D por parte da Xerencia de Urbanismo, esta nova infraestrutura viaria pasa a ser responsabilidade do Concello, que foi o que decidiu a súa recente apertura previa visita do persoal técnico do departamento de Urbanismo", explica a consellería nunha nota de prensa. Tamén puntualiza que, en contra do mantido pola asociación veciñal na súa nota de prensa, non ten constancia de "ningún escrito" presentado por este colectivo e que a súa delegación provincial "xa explicou aos responsables da asociación cal é a situación da titularidade dos viarios".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Alguien debería ir pensando en dimitir de la asociación de vecinos, no se puede mentir, manipular y tratar de engañar a los vecinos haciendo como que se hace algo y luego no se hace nada o se hace cuando ya es demasiado tarde.