
Segundo se recolle hoxe no diario Faro de Vigo, xa son unha decena de afectados dispostos a denunciar no xulgado o suposto cobro de sobreprezos por parte dunha construtora nun dos edificios de protección autonómica que se construíron no PAU Navia. Ás dúas denuncias presentadas en decembro de 2006 no xulgado de instrución número 2 de Vigo, sumaranse oito novas co propósito de recuperar
o diñeiro pagado en negro e de descubrir esta trama ilegal. Segundo o representante legal de parte dos afectados, o avogado Antonio Salceda, nesta decena de casos cobráronse ao redor de 200.000 euros en sobreprezos. Tras as dúas denuncias presentadas en decembro e logo de dez meses de instrución, o xulgado dispón dunhas escoitas telefónicas realizadas pola Policía nas que, supostamente, recóllese unha transacción de venda co cobro destes sobreprezos, que segundo os casos podía oscilar entre os 19.000 e os 30.000 euros. En ambalas duas querelas, os dous implicados sosteñen que a entrega do diñeiro produciuse nas oficinas que a construtora ten na cidade de Pontevedra e ante a presenza dun intermediario. Ata o momento, o xulgado chamou a declarar ao suposto mediador destas negociacións, un veciño de Vigo que, segundo os denunciantes, recibiu parte dos sobreprezos cobrados pola venda da vivenda. Na súa declaración ante o xulgado, este presunto implicado negou a súa participación nesta trama e di non recoñecer a súa voz en escóitalas telefónicas que lle foron reproducidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario