13.9.07

A AV de Navia esixe o peche do novo vial do PAU Navia

Segundo publica hoxe o Faro de Vigo a Asociación veciñal de Navia avisou hai semanas á Consellería de Vivenda do risco que entrañaba, sobre todo para os escolares, o novo vial de Pedra Seixa. Pero, segundo eles, a consellería desoíu a sua petición e dende o pasado martes, coincidindo co inicio das clases, a estrada funcionou a pleno rendemento "producíndose situacións reais de perigo". Así o denuncian os veciños no escrito que presentaron ante a consellería. Explican que ese novo vial de 32 metros de ancho conecta agora con outro de seis metros, antigo e sen beirarrúas moi utilizado polos alumnos do centro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Por iso, a asociación veciñal esixe o peche ao tráfico de ambolos dous viais "ata que por parte de quen corresponda elabórese un plan de tráfico e seguridade consensuado cos veciños". No seu escrito, advirten e amenazan que de non atender a súa solicitude "suporía asumir inconscientemente uns riscos de imprevisibles resultados". O que obvian dende a entidade veciñal, é que o vial foi recepcionado polo Concello e xa non é competencia da Consellería a infraestructura nin a ordenación do tránsito rodado. Ademáis, segundo eles mesmos publicaron o pasado martes producíuse unha reunión entre todas as partes interesadas no vial para decidir o seu futuro, ¿acaso ninguén da Consellería de Vivenda asistíu a esa reunión? Semella que á asociación veciñal o inicio do novo curso colleunos cos temas sen preparar e todavía pensando nas vacacións de verán.

No hay comentarios: