
Na pasada noite a choiva dificultou os partidos previstos pero non impedíu que se xogaran a sua hora. Así se disputaron os encontros
Barrio Chino-Barrio N.C. e
Quintela-Navia F.S. con sendas victorias para os ambolos dous primeiros equipos. No primeiro caso resolveuse por 2 goles de
Barrio Chino a 1 de
Barrio N.C. nun partido no que se producíu un breve altercado sen consecuencias entre os xogadores froito dunha violenta xogada na área do primeiro equipo. No segundo encontro a victoria de
Quintela sobre
Navia F.S. servíu para que o equipo do barrio do muiño sumase os puntos necesarios para acadar matemáticamente o pase a semifinais como segundo de Grupo B. Unhas semifinais nas que se enfrontará previsiblemente a
Os Mallos, que poderán quedar confirmados como primeiros do Grupo A si gañan este xoves ás 23.00 horas ao
Barrio N.C. nun partido aprazado do martes á noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario