1.6.07

Inicio do Torneo de futbol-sala das festas de Navia 2007

Este domingo 3 de xuño comeza unha nova edición do Torneo de futbol-sala das Festas de San Paio, o evento socio-deportivo máis importante do ano na parroquia de Navia, e que congrega e confronta tódolos anos unha decena de equipos integrados por veciños representando diferentes barrios. Este ano haberá novamente 2 grupos no que se enfrontarán dez equipos entre os que estarán os campeóns da edición pasada, pero no que faltará a tradicional participación do equipo de Barrocas. No Grupo A enfrontaranse os equipos: Os Mallos, Barrio Chino, Samil Tesón, Siete Estrellas e Barrio N.C. No Grupo B serán: Quintela, Sfinter de Baiano, Os do Cole, Teixugueiras e Navia, F.S. Na xornada de inauguración disputaranse os encontros entre Teixugueiras-Navia F.S. ás 20 horas e Barrio Chino-Samil Tesón ás 21.00 horas. O torneo comezará con algunha novidade e dificultade nas instalacións deportivas da Alameda da Debesa onde ainda se están executando as obras de acondicionamento dos novos vestuarios e onde o terreo de xogo está sen pintar. Estas obras tiñan un prazo de execución de 2 meses e estanse prolongando por máis de 4 meses debido a lentitude da empresa responsable das obras e a pasividade da asociación de veciños. (Sigue o torneo en InfoNavia)

No hay comentarios: