Segundo se publica hoxe en La Voz de Galicia, o consello reitor da Cooperativa Nova Navia, unha das catro cooperativas que optaban ás parcelas que sacou a concurso a Xunta para construír 192 vivendas de protección oficial no PAU, afirma que o proxecto gañador, o presentado pola Cooperativa Eduardo Chao III, incumpre a normativa do plan parcial e a ordenanza do PAU de Navia. Din desde Nova Navia que os planos da federación constrúen 50 metros cadrados máis por planta. Tamén afirman que os tres patios interiores do proxecto non chegan aos metros sinalados e nin sequera cumprirán o PXOM. Sinalan que os soportais están ocupados e interrompidos nos laterais polas ramplas de entrada aos garaxes e incumpren o plan parcial de Navia. Nova Navia presentara un recurso de reposición que a Consellería de Vivenda e Solo desestimou por estar fóra de prazo, algo que esta cooperativa considera unha mentira. Ademais di Nova Navia que a xerencia de Urbanismo viguesa detecta as mesmas irregularidades. A cooperativa di que Barbara Fernández, filla do concelleiro Amador Fernández e que é o 50% dos xestores Fercano S.L., que son parte do proxecto presentado pola Cooperativa da Federación e ao ser adxudicatarios do concurso comprometéronse legalmente co IGVS, abandona a cooperativa porque aceptou un cargo político en Xestur pontevedrés. ¿Que pasa agora coa puntuación que lle deron a ela no concurso como xestora?, pregúntanse.




No hay comentarios:
Publicar un comentario