23.1.07

A concelleira María Xosé Méndez Piñeiro visita hoxe Navia

Hoxe a partir das 19.00 horas, a concelleira María Xośe Méndez Piñeiro (BNG) visitará a Asociación Veciñal de Navia. Estará no local veciñal en representación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para celebrar unha xuntanza coas mulleres de Navia que se acheguen e onde recollerá suxerencias e necesidades do colectivo feminino da parroquia coa finalidade de transmitirllas á Vicepresidencia da Xunta. María Xosé Méndez Piñeiro, natural de Portonovo é Licenciada en Medicina especialidaza en Medicina Interna. Actualmente traballa no Hospital Nicolás Peña, pertence á Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e desempeña cargo como concelleira polo Grupo Municipal do BNG no Concello de Vigo. Con este acto político se inaugura a precampaña electoral na parroquia pola que nos próximos 4 meses desfilarán representantes de tódalas formacións con candidatura ao goberno municipal.

No hay comentarios: