Dende o pasado luns estase instalando a carpa do Circo de Portugal. O espectáculo estará dende mañá día 25 de xaneiro ata o 4 de febreiro con tres pases diarios na Praia de Samil no estacionamento de vehículos a carón do complexo polideportivo municipal. A compañía naceu fai 11 anos en Lisboa. O ano pasado fixemos toda Galicia en dez meses, sinalaron os seus responsables a InfoNavia. A súa ruta finalizará cara ao mes de novembro, cando regresen de novo a terras lusas. Un total de 35 persoas, incluíndo varias familias con algúns nenos, compoñen esta expedición rodante na que caben todo tipo de nacionalidades: españois, portugueses, polacos. Na pista traballa un total de 15 artistas, entre eles malabaristas rusos; trapecistas e equilibristas brasileiros; payasos portugueses, etc. A empresa promociónase a través dalgúns dos seus números con animais, como o do hipopótamo, o único amaestrado do mundo, e unha variopinta mostra denominada exótica, na que caben chamas, porcos, cabras, serpes, cocodrilos e emúes, unhas aves similares ás avestruces. Co circo viaxan outras especies animais e, a modo de zoo, pódense apreciar desde animais de granxa, como vacas e cabalos, ata un dromedario e tigres.24.1.07
Chega a Navia o Circo de Portugal
Dende o pasado luns estase instalando a carpa do Circo de Portugal. O espectáculo estará dende mañá día 25 de xaneiro ata o 4 de febreiro con tres pases diarios na Praia de Samil no estacionamento de vehículos a carón do complexo polideportivo municipal. A compañía naceu fai 11 anos en Lisboa. O ano pasado fixemos toda Galicia en dez meses, sinalaron os seus responsables a InfoNavia. A súa ruta finalizará cara ao mes de novembro, cando regresen de novo a terras lusas. Un total de 35 persoas, incluíndo varias familias con algúns nenos, compoñen esta expedición rodante na que caben todo tipo de nacionalidades: españois, portugueses, polacos. Na pista traballa un total de 15 artistas, entre eles malabaristas rusos; trapecistas e equilibristas brasileiros; payasos portugueses, etc. A empresa promociónase a través dalgúns dos seus números con animais, como o do hipopótamo, o único amaestrado do mundo, e unha variopinta mostra denominada exótica, na que caben chamas, porcos, cabras, serpes, cocodrilos e emúes, unhas aves similares ás avestruces. Co circo viaxan outras especies animais e, a modo de zoo, pódense apreciar desde animais de granxa, como vacas e cabalos, ata un dromedario e tigres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)




1 comentario:
Estamos igual que en la edad media. Señores hay que dar voz a quien no la tiene. Todos los animales encerrados estan anulados,estan siquicamente enfermos.Esto es un gran abuso.Tenemos que ayudarles.
Publicar un comentario